Novas/Blog

AXENDA

_VENRES 30 DE SETEMBRO. Música e Lingua en Betanzos. (actividade pechada a público xeral).

_VENRES 30 DE SETEMBRO. Participación na xornada Woman Emprende, dentro da mesa «Emprendemento no sector musical». Terei stand na feira! +info aquí ou aquí.

_VENRES 7 DE OUTUBRO. Música e Lingua en Mugardos polo Día do Orgullo Neofalante. (actividade pechada a público xeral).

***

blog

O proxecto MGI, e a publicación Ferreñas & Rock and Roll, foron presentados o pasado luns 2 de maio na Feria Internacional del Libro de Buenos Aires. Foi unha xornada ben bonita! Onde se puxo o foco en anécdotas de músicas galegas relacionadas con Arxentina e países próximos. Unha oportunidade para espallar as súas historias máis alá das nosas fronteiras! Ah! E con debuxo en directo, claro!

***

Finalistas da Gala do Libro Galego 2020

Ferreñas & Rock and Roll é finalista na categoría de DIVULGACIÓN na Gala do Libro Galego 2020. Os gañadores faranse públicos na gala do 9 de maio, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

+ info facendo click na imaxe

***

Artigo no Galicia Confidencial. Na busca das pioneiras do bravú e do punk que se abriron paso fronte ao machismo na música, de Uxía Iglesias (06/02/2020)

05/02/2020. Presentación de Ferreñas & Rock and Roll na libraría Lila de Lilith (Compostela) con Guadi Galego, Maribel dos Anjos (Alén) e Uxía.

(Máis imaxes da presentación na GALERÍA DE FOTOS)

***

Artigo no suplemento cultural de La Voz de Galicia Fugas. Trinta músicas que deberías coñecer, de Ana Abelenda (10/01/2020)

A boa acollida do libro ilustrado Ferreñas e Rock’n’Roll faise notar nos medios de comunicación galegos desde o día da súa primeira presentación o pasado 20 de decembro en Carballo.

A voz das que non foron escoitadas (La Voz de Galicia ed.Carballo).

Música ilustrada con nome de muller (La Opinión A Coruña)

Entrevista en Radio Nordés da Cadena Ser. Podcast

Visita de Laura Romero e Iria Pedreira á Tarde da Radio Galega (24/12/19). Escoitar a entrevista aquí

***

A primeira presentación do Ferreñas e Rock’n’Roll e a exposición paralela ó libro será o próximo venres 20 ás 19h na biblioteca Rego da Balsa de Carballo.

Sae á venda o libro Ferreñas e Rock’n’Roll, unha crónica ilustrada dunha trintena de mulleres músicas que marcaron un antes e un despois ó longo do século XX en Galicia. Podédelo mercar neste link da web de Baía Edicións.

***

 

Gracias á XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas por invitarme a abrir o acto das xornadas do xoves, día 27 de xuño, Mulleres en Acción. Nesta ocasión foi dedicada á pianista Enma Pino, e que contou coas actuacións de Uxía, María Costas e Elvira R. Pontevedra, e coa participación da pintora Menchu Lamas, a escritora Anxos Sumai. Rematou coa proxección dun documental de Area Erina sobre a pianista.

***

Non puido ser este ano tampouco, mais as Músicas Galegas Ilustradas acabaron de novo na final dos Premios Martín Códax da Música na categoría de Medios de Comunicación e Difusión Musical!

premios MC
foto de Xabicas

***

Ferreñas e Rock´n´Roll, o subproxecto de Músicas Galegas Ilustradas xunto con Baía Edicións e Iria Pedreira, é seleccionado no II Concurso de Ideas Luisa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade de Xénero, que promove a Deputación da Coruña.

Para saber máis sobre o que será o anecdotario ilustrado, clic na imaxe

DepCor_cor_horiz

***

Seguimos a facer a actividade Música e Lingua: un repaso pola nosa música contemporánea e o papel da muller nela con diversos centros escolares da provincia da Coruña. Aínda quedan datas!

***

Este sábado día 8 de decembro, no Auditorio de Galicia (Compostela), o Observatorio pola Igualdade de Músicas ao Vivo En Órbita falou de mulleres na música ás 16h. Nese oquiño de dúas horas presentouse a proposta do observatorio, que tivo a súa primeira asemblea o 27 de outubro, e falouse tamén dos colectivos e proxectos que participan na mesma, como é o caso de Mulleres Galegas Kañeras ou Músicas Galegas Ilustradas.

***

45081613_2005734606185718_7455424482614706176_o

Bota a andar a sección En Órbita, plataforma-observatorio pola igualdade no eido musical galego dentro da asociación Músicas Ao Vivo. Nesta plataforma converxen tanto membr@s da asociación como non membr@s, e varios proxectos e colectivos como Músicas Galegas Ilustradas, Mulleres Galegas Kañeras ou MIM (Mujeres de la Industria de la Música). Despois do primeiro encontro, o 27 de outubro, comezamos a traballar en conxunto!

***

46503502_700190663684510_4979795854207483904_o

Durante o programa O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA, o proxecto pasou por cinco centros galegos (Outes, Cee, Ferrol, Bertamiráns e Ordes) para falar das mulleres da música galega.

 

***

40056662_2102654649758770_4444947279098413056_o

Durante o festival Armadiña Rock 2018 (Combarro) estivo aberta ó público unha pequena mostra de MGI, e houbo dúas sesións de coloquios para poder presentar o proxecto. Na imaxe, un dos coloquios, sobre a música en Galicia, con X. Bocixa de Zënzar, Miguel de Terbutalina, Ico do Sonoro Maxín e Xurxo Souto dos Diplomáticos de Montealto, Tres Trebóns e Banda Xangai. Moderaba a poeta Tamara Andrés.

***

32239640_1661665287202676_7039602778561314816_n

Na Final dos Premios Martín Códax da Música na categoría de medios de comunicación!

(non puido ser, por certo, pero chegouse á final)

***

Entrevista de María Lado (Aldaolado) para a revista Tempos.

***

a revista

MGI no programa da TVG A Revista de Fin de Semana.

Click na imaxe para ver o video

***

27709733_2035871680016556_6570499481496211810_o

MGI en Compostela

***

22046062_1648862041804933_4493940491359476103_n

2017

***

Programa Encontro Periféricas 2017 reverso

2017

***

nos 2

2017

Crea un sitio web o blog en WordPress.com

A %d blogueros les gusta esto: