IES MARUXA MALLO
Quen son elas
María da Pontragha, Carme da Pontragha e Maca do Piñeiro (Bouba), María Prado (Brassica Rapa, Banda Xangai, MJ Pérez), Inés Mirás (A Banda da Loba), Laura Romero (Zënzar) e Xosefa de Bastavales.
Detalles
Dimensións
170 cm x 200 cm
Lugar
Ordes

Inés Mirás
O nome de Inés Mirás está vinculado dende 2017 a unha das bandas totalmente femininas máis recoñecidas do país, A banda da loba, na que toca a guitarra e coa que xa leva editados catro traballos discográficos. Mais o versátil talento desta música ordense, formada no conservatorio mais tamén en artes escénicas e produción audiovisual e de espectáculos, non se cingue a este proxecto, senón que abrangue outras facetas artísticas tan interesantes coma a composición e a creación de música para videoxogos.
Xosefa de Bastavales
Nun recuncho da mesma Bastavales á que cantaron os versos de Rosalía viviu sempre e aínda vive Josefa Juncal, máis coñecida como Xosefa de Bastavales para quen a reverencia coma unha das grandes iconas da nosa tradición musical. Xosefa, natural de Tordoia, aprendeu a tocar a pandereta sendo só unha cativa e durante toda a súa vida non deixou de entoar un vasto repertorio de cancións e cantigas populares que a converteron nunha parte indispensable da memoria viva da nosa música tradicional. O seu inesperado veciño, o músico Manu Chao, levouna con el de xira a finais da década de 1990, logrando así que o espírito da tradición puidese fusionarse con novas tendencias melódicas coma o rock bravú.
Bouba
Proximamente info!
María Prado
Dende as súas primeiras notas coa Banda de Música de Ordes ata as intensas xiras polos escenarios galegos na actualidade con MJ Pérez, a Banda Xangai ou Loita Amada, María Prado percorreu moitos camiños: en sentido literal, ao volante dos buses da empresa familiar, e tamén en sentido figurado, buscando prender na rapazada unha semente de amor pola música a través da docencia. Mais sempre unida á súa inseparable trompeta, que a converteu nunha imprescindible da nosa escena e coa que se uniu a moitos proxectos, tamén á primeira brassband galega integramente feminina, Brassica Rapa.
Laura Romero
Falar de Laura Romero é falar de arte e compromiso, un talento interdisciplinar que navega entre ilustracións e melodías na busca de novos discursos. Aínda que se formou en belas artes, a música sempre tivo un oco entre as súas paixóns e tocou o baixo en grupos como The Coy Kois ou Velvet Rain ata chegar en 2016 á banda decana do rock galego, Zënzar. O seu amplo coñecemento da escena galega, na que tamén destaca como baixista de MJ Pérez e Cuarta Xusta, levouna a impulsar o proxecto Músicas Galegas Ilustradas, co que trata de visibilizar o talento musical feminino da nosa terra mediante a ilustración dixital.


