Durante o verán do 2022 parouse a actividade artística para centrar o esforzo na análise dos múltilples e variados festivais que houbo e hai en Galiza despois da pandemia.
Quedan moitos que analizar e queda tamén o traballo de analizar pormenorizadamente algúns dos máis grandes, pero xa podemos ir vendo datos claros:
- En xeral, a porcentaxe de músicas é un pouco maior que nos anos anteriores.
- Segue a haber festivais onde custa moito máis ver medrar esa porcentaxe de músicas, sobre todo festivais especializados en determinados xéneros musicais como o heavy metal.
- En eventos e festivais onde participan escolas, asociacións e similares, obsérvase claramente o denominado «efecto tesoira»: unha gran porcentaxe (incluso máis do 50%) de alumnas, pero nos grupos e proxectos musicais xa formados as músicas son minoría.
- Nas cabezas de cartel, no caso de que as haxa, os proxectos liderados por mulleres ou con moita presencia feminina son minoría.