IES REGO DE TRABE

IES REGO DE TRABE

Quen son elas

Bea a de Estrella, Carmen Rey, Lydia Botana (Bolboreta), Noelia Perpetuo e Blanca Moreno Barral.

Detalles

Dimensións

250 cm de longo


Lugar

Culleredo


Bea a de Estrella

Bea aprendeu a tocar os seus primeiros acordes no coro da igrexa no que a apuntou súa nai, a señora Estrella (presente no seu nome artístico). Despois estudou guitarra e piano no conservatorio. As súan influencias veñen desde a música máis tradicional ata a música cubana, o jazz, o pop ou o blues. Mar de Fóra é o seu primeiro disco.

Lydia Botana «Bolboreta».

Multiinstrumentista que podemos ver nos escenarios tocando percusión, ukelele, acordeón…e por suposto cantando. Colaborou cunha manchea de bandas galegas e de todo o mundo, ten experiencia comommestra de música e lidera o seu proxecto de música infantil De aquí para alá.

Carmen Rey

Carmen Rey é cantante de jazz e mestra de música. Ten varios proxectos de música vocal, coma Sisters in the House, Ejazz (que ten dous premios Martín Códax da Música) ou Gospel 3. Ten tres traballos discográficos propios: Fuera, Meu e Mañá e foi gañadora dun premio Martín Códax da Música.

Noelia Perpetuo

Noelia ábrese camiño no mundo musical sendo ben noviña, grazas a gañar o certame Quero Cantar da Deputación da Coruña no 2021. Por acadar o galardón puido participar no programa formativo monitorizado pola música e pedagoga Lydia Botana «Bolboreta».