IES DE MUGARDOS

IES DE MUGARDOS

Quen son elas

Lilaina e Sofía Espiñeira

Detalles

Dimensións

200 cm


Lugar

Mugardos


Lilaina

María, Alejandra, Andrea e Mariana Montero son tres irmás e unha curmá que uniron a súa forza creadora en Lilaina. Dende 2005, este grupo de pandeireteiras natural de Miño continúa cun labor de preservación da nosa música tradicional co que xa comezaran na década anterior, percorrendo os escenarios de toda a Península e concorrendo a múltiples certames de pandeireta e voz nos que obtiveron diversos premios. Ademais de interpretar, tamén investigan o noso legado musical e cultural e cóntanse como colaboradoras de proxectos tan recoñecidos coma os de Tanxugueiras, Xoel López, Kepa Junkera, Vetusta Morla ou Susana Seivane.

Sofía Espiñeira

Sofía Espiñeira é unha das grandes cantautoras do panorama galego actual, aínda que pola amplitude das súas inquedanzas podería ser outras tantas grandes cousas máis (formouse en xornalismo, estudou nunha escola de circo e tamén fixo teatro). Recentemente recoñecida co Premio Martín Códax 2022 na categoría de Canción de Autora, esta artista mugardesa editou o seu primeiro disco, Alá onde agroman as herbas, en 2015 e, ademais de levar o seu proxecto como solista, tamén colabora no espectáculo de música e narración oral Matrioskas xunto a Marta Ortiz e realiza concertos a dúo coa cantautora MJ Pérez.