O logotipo de Músicas Galegas Ilustradas non é só unha homenaxe á muller da imaxe (a pandereteira Xosefa de Bastavales), se non que quere homenaxear a todas aquelas músicas que, como ela, fixeron e fan (tanto no pasado coma no presente) cousas revolucionarias.
Decidiuse que o logotipo do proxecto tivera o retrato de Xosefa de Bastavales por ser unha mestura do tradicional galego (ela é pandeireteira, regueifeira e muller labrega), e de modernidade (moi amiga de Manu Chao, chegou a ir de xira con el no 97 e compartiu escenario con moitos artistas, desde Mercedes Peón, Cristina Pato ou Susana Seivane ata Amparanoia ou The Chieftains). Tamén por personalizar a forza, a actitude positiva e creatividade feminina, que é o que trata de visibilizar este proxecto ante todo.