Actividades

Próximos eventos

_7 de marzo. IES de Melide (actividade escolar). Gaitas, berros, amplificadores: unha revisión feminista da historia da nosa música. Charla-reflexión coa autora de Músicas Galegas Ilustradas.

_13 de marzo. Centro Ágora da Coruña (actividade escolar). Música e Lingua. Repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel. Actividade dirixida polo grupo Zënzar e dividida nunha charla con Xosé Bocixa (voz), Paco Cerdeira (guitarra) e Laura Romero (autora de MGI e baixista da banda), e un concerto como traca final.


nadal


eventos pasados

Este sábado día 8 de decembro, no Auditorio de Galicia (Compostela), o Observatorio pola Igualdade de Músicas ao Vivo En Órbita falou de mulleres na música ás 16h. Nese oquiño de dúas horas presentouse a proposta do observatorio, que tivo a súa primeira asemblea o 27 de outubro, e falouse tamén dos colectivos e proxectos que participan na mesma, como é o caso de Mulleres Galegas Kañeras ou Músicas Galegas Ilustradas.

***

45081613_2005734606185718_7455424482614706176_o

Bota a andar a sección En Órbita, plataforma-observatorio pola igualdade no eido musical galego dentro da asociación Músicas Ao Vivo. Nesta plataforma converxen tanto membr@s da asociación como non membr@s, e varios proxectos e colectivos como Músicas Galegas Ilustradas, Mulleres Galegas Kañeras ou MIM (Mujeres de la Industria de la Música). Despois do primeiro encontro, o 27 de outubro, comezamos a traballar en conxunto!

***

46503502_700190663684510_4979795854207483904_o

Durante o programa O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA, o proxecto pasou por cinco centros galegos (Outes, Cee, Ferrol, Bertamiráns e Ordes) para falar das mulleres da música galega.

***

46521602_264659390888206_857613816920276992_n

***

40056662_2102654649758770_4444947279098413056_o

Durante o festival Armadiña Rock 2018 (Combarro) estivo aberta ó público unha pequena mostra de MGI, e houbo dúas sesións de coloquios para poder presentar o proxecto. Na imaxe, un dos coloquios, sobre a música en Galicia, con X. Bocixa de Zënzar, Miguel de Terbutalina, Ico do Sonoro Maxín e Xurxo Souto dos Diplomáticos de Montealto, Tres Trebóns e Banda Xangai. Moderaba a poeta Tamara Andrés.

***

32239640_1661665287202676_7039602778561314816_n

Na Final dos Premios Martín Códax da Música na categoría de medios de comunicación!

(non puido ser, por certo, pero chegouse á final)

***

Entrevista de María Lado (Aldaolado) para a revista Tempos.

***

a revista

MGI no programa da TVG A Revista de Fin de Semana.

Click na imaxe para ver o video

***

27709733_2035871680016556_6570499481496211810_o

MGI en Compostela

***

22046062_1648862041804933_4493940491359476103_n

2017

***

Programa Encontro Periféricas 2017 reverso

2017

***

nos 2

2017