Concha de Luneda

concha

Concepción Rodríguez, máis coñecida como Concha de Luneda. Un cancioneiro andante, unha fonte de inspiración para moita xente (vellos e novos). Ata inspirou o que hoxe é a empresa de management, produción e comunicación Luneda Producións.

Ela di que o tesouro máis prezado que levou dos anos traballando en Barcelona foi o de aprender a ler, “casar letras”. Viviu a guerra, pasou miseria, perdeu ó seu único fillo, e aínda así, considérase a muller máis feliz de Luneda:

Porque canto, porque río, porque asubío, porque sei asubiar moi ben. 

A vida é linda. A vida é LINDÍSIMA se se sabe levar. 

Alalá (TVG) nº14 sobre Concha de Luneda.