O nome Aldaolado está sacado dos apelidos das súas compoñentes: a guitarrista, cantante e poeta Lucía Aldao e a tamén poeta María Lado. O grupo leva activo desde o 2005 e se estrenou co espectáculo Onde estea un cubata que se quite un soneto.
Trátase dunha mestura entre música e poesía recitada, con moita retranca da boa.