Agoraphobia

agoraphobia.jpg

Actualmente a banda de Boiro está formada por (de esquerda a dereita) Paula á batería, Susana ós micros, Sabela á guitarra e Lucía ó baixo. Aislinn, guitarrista e fundadora da banda xunto con Susana , tivo que deixala por motivos persoais.

A banda tal e como a coñecemos surxe no 2013, cando son gañadoras de premios para bandas noveles, coma o Vodafone Yu: Music Talent, que as impulsan a xirar con Russian Red, Delorean, Lori Meyers…Un ano máis tarde sacan Dirty Little Things, e comezan a tocar fora (comezando polo South by Southwest de Texas). No 2015 presentan Ready to play, e actualmente seguen a xirar por todo o mundo.

 

Páxina de Facebook do grupo.