Assane

1-assane.jpg

Assane é unha artista cubana adoptada pola Coruña dende nena que aterra no selo Paz&Records. Móvese nun amplo abano de estilos dentro da música urbana, con influencias do hip-hop ou do soul entre outras, e camiña principalmente polo RnB. Con só dous temas publicados ata o momento, xa foi nomeada finalista ós Premios Galegos da Música – Martín Codax. En marzo estrea nun escenario e faino por todo o alto como artista convidada de Hard GZ na Sala Capitol (Compostela) e no mesmo mes vai como artista convidada de Ricky Hombre Libre á Sala Garufa Club (A Coruña) galardoada como mellor sala nos devanditos Premios.

Ven de sacar o seu primeiro disco.

 

(texto facilitado por Paz&Records)